martes, 20 de septiembre de 2011

DALGHO HAI QUE MORRER

(Relato presentado ao Concurso das Letras Galegas 2011 Caramuxo. Sétimo posto.)

Lois Pereiro estaba acabado. Sempre fora listo como un allo pero o tempo fórao privando das habilidades que noutrora o fixeran lenda. Aínda lle encargaban traballos, pero cada vez menos. Lois comezara a traballar para o Equipo 6 ao volver da Guerra de Camariñas, e dende aquela o seu ascenso fora imparable, pero outra vaca no millo reclamaba agora o seu pasto.

Miguel presentárase na casa de Lois ao solpor e apenas o deixara falar. Recriminoulle a falta de profesionalidade do seu último traballo e quixo facerlle entender que, coma el mesmo, só obedecía ordes. Despois de latricaren un pouco máis, Miguel dou media volta e volveu por onde viñera, meténdolle a Lois unha bala no corazón.

(...)

—O traballo está feito, xefe.

—Moi ben. Unha cousiña, Miguel...

—Diga, xefe.

—Hai algo que deberas saber acerca de Lois.

—Non se preocupe, xefe, estou de volta e media.

—¿De verdade? Non sabía que...

—Desculpe xefe, pero vostede ten cousas máis importantes que saber.

—Certo, Miguel—dou media volta á silla e seguiu cos seus asuntos, ó tempo que continuaba dicindo—: ¿Desde cando sabes que era teu pai?

—Supoño que sempre o souben... pero son un profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario