martes, 20 de septiembre de 2011

CAGHÁCHEMA, MEU REI

(Relato presentado ao Concurso das Letras Galegas 2011 Caramuxo. Cuarto posto.)



Mike Bonner sentaba na segunda fila; en fronte, o capitán McCurnigal de Scotland Yard. McCurnigal explicaba a situación ós homes que facían garda esa mañá. ‘Vas petar a boa porta’, pensou Mike. Durante semanas alguén colocara varias bombas lapa en diversos colexios de Inglaterra. Hoxe Mike sería o primeiro artificieiro en chegar.

Philip Reston, ó mando de catro dos mellores homes da RAF, seguía una pista falsa, cerca de Glasgow. Era listo como un allo, pero seguía o protocolo. Este dicía que en ausencia do artificieiro xefe, tomaría o mando o membro do equipo con maior experiencia. Mike dispuña de pouco máis de dúas horas para desactivar a bomba.

—Pareces canso, Mike. ¿Durmiche ben? Tes mala cara…

—Ou, si. Non te preocupes, estou ben. Só que…

—¿Lembrache adiantar o reloxo unha hora, Mike?

—¿¿¡¡Que!!??

Mike non esperou a oir o que o sarxento lle dicía. Botou a correr deixando tras de si unha tambaleante silla e un estupefacto capitán. Tiña menos dunha hora para chegar ao colexio Lois Pereiro e desactiva-los casi catrocentos gramos de Combinado Catro que colocara días atrás. Agora corría contra o reloxo. Corría contra un reloxo ao que lle faltaba unha hora…

No hay comentarios:

Publicar un comentario